Vilagarcía estrea as polémicas pistas de padel

    VILAGARCIA> E para aqueles que formulasen como propósito de aninovo o de poñerse en forma, teñen unha nova instalación na zona portuaria de Vilagarcía: Condesa Sport abre unha sucursal do seu ximnasio na Capital Arousá que inclúe as polémicas pistas de padel. A oposición xa puxo o grito no ceo ante o que considera prevaricación e trato de favor a un empresario de fóra do Concello. A Capital Arousá comeza o ano con catro novas pistas de padel de última xeración integradas nun moderno ximnasio no entorno do Porto de Vilagarcía: o ximnasio Condesa Sport. O empresario promotor de orquestras, Lito, abre agora esta sucursal do ximnasio que xa viña rexentando en Caldas. Este centro de deportes chega rodeado dunha intensa polémica pola instalación das pistas de padel en recinto portuario, da que aínda hoxe o Alcalde asegura non compartir. A oposición volveu a clamar contra a instalación deste ximnasio. Coinciden en criticar o trato de favor que houbo con este empresario por ser quen é. Asegura o PSOE que se prevaricou por deixarlle obrar en terreo público sen licencia e cuns prazos de actuación acelerados de máis, e por cederlle unha concesión a 25 anos de 1.700 metros a mil euros mensuais. Condesa Sport inclúe servicios complementarios de cafetería, tenda de roupa deportiva e fisioterapia o que para os socialistas suporá unha competencia desleal para os pequenos comerciantes locais. Amais as actividades que alberga non teñen nada que ver cos usos portuarios como correspondería a este lugar. Engade Esquerda Unida que o edificio no que se atopa, laranxo e de grandes dimensións en plena fachada marítima é unha aberración; un claro exemplo do feísmo urbanístico doutrora en pleno centro de Vilagarcía. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/02/padel.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/02/abre_condesa_sport.mp4{/flowplayer}