Remata sen éxito a busca de Guillermo, o mariñeiro do ‘Sin querer 2’ que aínda segue desaparecido

CAMBADOS> A busca do mariñeiro desaparecido rematou hoxe sen ningunha novidade. Dende primeira hora desta mañá, traballaron nestas tarefas medios aéreos e embarcacións. A pesar dos esforzos, o resultado, polo de agora, foi negativo.

Das seis persoas que onte puideron ser rescatadas, catro xa foron dadas de alta. As outras dúas permanecen ingresadas no Hospital de Cee.

En canto ó ocorrido onte, non se descarta ningunha hipótese. Os primeiros indicios apuntan a un golpe de mar. Dende a Confraría de Cambados, entre tanto, entenden que agora non é o momento de pensar nas causas.

Para aclara-los motivos do afundimento do ‘Sin querer 2’ será fundamental o testemuño dos seis mariñeiros que onte foron rescatados.