O emprego: reto do 2014

    VILANOVA> O alcalde da localidade, Gonzalo Durán, asegura que hai signos de certa recuperación, como o interese de emprendedores por naves comerciais ou espazos en polígonos industriais. Buscar saída a estas necesidades e intentar amarrar nós comerciais con México serán algúns dos pasos que dará o goberno local, e que comentará en breve co conselleiro de Industria. Di o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, que ó país só o sacará da crise os emprendedores. Por iso, axudar ós novos empresarios é o principal reto que se marcan para este ano 2014. Asegura o rexedor que ideas e iniciativa existe, pero faltan medios. E non só económicos. Tamén a nivel de infraestruturas. Especialmente preocupado se amosa pola falta de naves industriais. Falta de naves industriais e necesidade de asentar empresas nos polígonos. Durán insiste en que hai firmas que se están interesando por instalarse no polígono de Deiro atraídas, sobre todo, polo novo acceso, as boas comunicacións. Pero segue a ser imprescindible, segundo o rexedor, que se rebaixe o prezo do solo. Tampouco se esquece Durán do famoso Centro Comercial de Deiro, aínda que agora xa non pode confirmar que se vaia facer ou cando. A outra vía na que está a traballar Vilanova e a Mancomunidade é na de atraer investidores de México, empresas que invistan aquí ou empreguen o porto de Vilagarcía como punto de entrada dos seus produtos a Galicia e a península. De todas estas cuestións tratará en vindeiras datas co conselleiro de Industria e a Ministra de Fomento, en entrevistas que xa están a xestionar. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/31/gonzaloduranemprego.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/31/PROXECTOS_VILANOVA_030114.mp4{/flowplayer}