Rocío Louzán ponse á fronte da nova directiva de Zona Aberta

    zonaaberta100_190208.jpgVILAGARCÍA > Rocío Louzán é a nova presidenta de Zona Aberta de Vilagarcía. O colectivo presentou hoxe á nova directiva …

    {flowplayer}images/salnes/zonaaberta.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA > Rocío Louzán é a nova presidenta de Zona Aberta de Vilagarcía. O colectivo presentou hoxe á nova directiva composta ademais por Alicia Rodríguez como vicepresidenta, Pedro Rodríguez como secretario e Olga Dopazo como tesoureira. O equipo complétase con sete vocais: Isabel Sánchez, Mª Carmen García, Dimas Real, Juan Manuel Gil, María Porto, Esperanza Redondo, e Juan Benito Bayón.

    Rocío Louzán Blanco substitúe a Sofía Beiras despois de recibir o respaldo dos socios na asemblea celebrada onte pola noite. Da súa antecesora di que recolle a ilusión e as gañas de traballar polo pequeno comercio de Vilagarcía. Sofía Beiras vaise despois de tres anos á fronte de Zona Aberta. Hoxe amosouse encantada coa nova directiva a quen ofreceu o seu apoio incondicional. Na axenda da nova directiva está xa o vindeiro sorteo dos 600 euros da campaña do Consorcio ‘Que traballe Rita’, para o 3 de marzo, e a promoción para o Día do Pai.

    Redacción Salnés