Activada a alerta laranxa polo anuncio de fortes chuvias para mañá

    grovechuvia copia100.jpgO GROVE> Onte as fortes chuvias provocaron cortes ó tráfico de estradas e inundacións en varias zonas da vila meca.

    {flowplayer}images/salnes/DISPOSITIVO_EMERXENCIA_GROVE.flv{/flowplayer}

    Hora e media estivo cortado o acceso ó Grove a través do istmo da Lanzada. Este foi un dos efectos que as fortes chuvias que caeron onte en toda a provincia de Pontevedra provocaron na vila meca.

    Onte os servizos de emerxencia traballaron todo o día para paliar os efectos do temporal. Hoxe O Grove activou a alerta laranxa xa que, a pesares de que as predicións meteorolóxicas apuntaban unha pequena tregua no temporal esta xornada, as chuvias volverán coller forza mañá. A partires das 7 da madrugada agárdanse precipitacións que poderían dobrar a intensidade das rexistradas o xoves.

    Nesta liña de actuacións, o concello está a realizar pequenas obras nas zonas máis problemáticas, como a entrada de Ardia.

    Pola súa banda, parece que os veciños do Grove viviron o temporal de chuvias con tranquilidade.

    Para mañá, Protección Civil recomenda ós veciños que hoxe tomen precaucións para evitar inundacións. Ademais, o corpo contará cun retén permanente de voluntarios, que traballarán en coordinación con outros servizos de seguridade do concello.

    Redacción Salnés