O litoral Atlántico en ALERTA VERMELLA por temporal

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia informa de que durante o día de mañá, 6 de xaneiro, manterase activado o nivel de alerta vermello por un temporal costeiro no litoral Atlántico galego, con ondas que poderán chegar aos nove metros.

Segundo os datos facilitados pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), o nivel de alerta vermello activarase a partires das doce do mediodía de mañá luns na costa do noroeste e oeste da provincia da Coruña, onde haberá mar combinada do oeste- noroeste e se poderán acadar ondas de oito a nove metros.

A partires das 15 horas esta mesma situación tamén se estenderá ao suroeste da costa coruñesa e ao litoral de Pontevedra. Pola súa banda, mantense o nivel laranxa na costa lucense, onde tamén se agarda mar combinada do oeste- noroeste e ondas de cinco a sete metros.

Ante estas alertas na costa, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos das tres provincias afectadas; ás Deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros, para que adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Tamén recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org [nova venta] ), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa,no boletín 15/GAL emitido o día 05/01/2014 ás 9:56 hora oficial, dun fenómeno meteo rolóxico adverso COSTEIRO de nivel VERMELLO por MAR COMBINADA do Oeste-Noroeste de 8 a 9 metros.

A CORUÑA (Noroeste, Oeste:)
A partir das 12:00 hora oficial do 06/01/2014 haberá mar combinada do oeste-noroeste podéndose acadar ondas de 8 a 9 metros.

A CORUÑA(Suroeste) e PONTEVEDRA:
A partir das 15:00 hora oficial do 06/01/2014 haberá mar combinada do oeste-noroeste podéndose acadar ondas de 8 a 9 metros.

LUGO :
Manténse o dia 06/01/2014 en nivel laranxa por mar combinada do oeste- noroeste de 5 a 7 metros.

POLO QUE A DIRECCIÓN XERAL DE EMERXENCIAS E INTERIOR COMUNÍCALLES, QUE, EN PREVISIÓN DESTES FEITOS: Adopten as medidas preventivas neces arias ante as citadas predicións meteorolóxicas e no seu caso ALERTEN ou MOBILICEN ós medios e recursos dispoñibles.