Mar defende en Bruxelas a necesidade das confrarías de acceder ás axudas europeas

GALICIA> A Conselleira do Mar busca en Bruxelas unha solución para as confrarías que non poden acceder ás axudas europeas segundo a normativa do Fondo Europeo de Pesca. Rosa Quintana mantivo un encontro co director xeral de Asuntos Marítimos para trasladarlle as dificultades que supón a aplicación do regulamento en materia de pesca non declarada.

A Conselleira do Mar mantivo unha xuntanza co director xeral de Asuntos Marítimos e Pesca da Comisión Europea para trasladarlle a preocupación de Galicia en relación á normativa do Fondo Europeo de Pesca que deixa fóra das axudas a cinco confrarías.Rosa Quintana explicou que nas lonxas xestionadas polas confrarías descárgase un gran volume de distintas especies polo que é difícil garantir que todo o produto sexa de talla regulamentaria. Nestes casos, unha sanción por infracción grave impide o acceso ás axudas europeas. A pesar de estar tipificadas como graves na maioría dos casos trátase de multas que roldan os trescentos euros.

Por outra banda, a Conselleira trasladouse ó director xeral un informe encargado pola Xunta á Fundación MarinnLeg no que se analiza a aplicación do regulamento do Fondo Pesqueiro co fin de estudar a súa interpretación en materia de pesca ilegal non declarada.

Trala xuntanza, Rosa Quintana valorou positivamente os compromosos acadados polo director xeral que estudará as propostas formuladas por Mar, ben argumentadas e acreditadas con informes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí