As obras do novo colexio de Vilalonga, en Sanxenxo, arrancarán a comezos do 2019

SANXENXO> As obras para a construción do novo colexio de Vilalonga, en Sanxenxo, arrancarán a comezos do 2019. En total, na nova infraestrutura vanse investir uns seis millóns de euros. O novo centro debería entrar en funcionamento no curso 20-21.

Nestes terreos onde agora medran eucaliptos erguerase o futuro colexio de Vilalonga. Esta mañá visitaron eses terreos o Conselleiro de Cultura, o alcalde da localidade e representantes da ANPA.  A infraestrutura, demandade dende hai anos, deberá estar rematada no curso 2020-2021. As obras comezarán a comezos do ano que vén.

O novo colexio terá unha capacidade par 450 alumnos de infantil e primaria e contará cun ximnasio e dúas pistas cubertas. Vai ocupar unha superficie total de preto de 20.000 metros cadrados. O Concello está a ultima-los trámites administrativos para a cesión deses terreos á Xunta.  O goberno local vai levar ó pleno do vindeiro día 30 a aprobación dese convenio. O rexedor sanxenxino aproveita para salienta-lo esforzo económico que, segundo di, están a face-la Xunta e o Concello para a construción deste novo colexio.

Ademais da construción desta nova infraestrutura, a Xunta actuará este ano noutros dous centros da localidade. Vaise repara-la cuberta do CEIP de Noalla-Telleiro e tamén se vai reforma-la instalación eléctrica do CEIP A Florida.