O Neno toca O Salnés co segundo premio

    RIBADUMIA> Acabamos de rematar as festas de Nadal, pouco a pouco ímonos afacendo á rutina, pero hai algúns afortunados que están a vivir esta volta á normalidade con maior desafogo. E é que Reis non só é sinónimo de agasallos, tamén do sorteo do Neno, que este ano deixou un belisco no Salnés. Os veciños da Ribeira Sacra, e en especial os de Monforte, non foron os únicos que hoxe se levantaron con resaca de millóns. Non foron os 120.000.000 do primeiro premio do Neno, pero a comarca do Salnés tamén conseguiu facerse cun belisco de miles de euros grazas ó segundo premio. O 69.362 deixou na zona 150.000 euros. E puideron ser máis. E é que a Administración número un de Ribadumia consignou unha serie do número da que finalmente só vendeu dous décimos. Onte a administración permaneceu pechada por ser festivo, polo que hoxe o trafego foi constante. Moitas persoas con décimos do Neno para comprobar ‘se tiñan algo’, aínda que poucos comentarios sobre o gran premio. Cada un dos décimos agraciados co segundo premio ten un valor de 75.000 euros, aínda que os seus propietarios cobrarán 62.500, por iso da retención do 20% que se leva facenda. Esta non é a primeira vez que a sorte sorrí á administración número 1 de Ribadumia. Nos últimos catros anos repartiron tres premios grandes. Unha boa fortuna que tamén serve como reclamo para os clientes. Ademais de Ribadumia, o segundo premio tamén caeu en Cambados e noutros puntos de Galicia como Negreira, na Coruña, Oural-Sarriá (en Lugo) ou Vigo. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/07/premioloteriaribadumia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/07/PREMIO_LOTERIA_NENO_RIBADUMIA.mp4{/flowplayer}

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí