O BNG critica o rescate da Xunta ás concesionarias das autovías

BARBANZA> A deputada do BNG, Ana Pontón critica o acordo económico da Xunta para auxiliar ás adxudicatarias das autovías ante unha posible quebra e cualifica o pacto de nova estafa social á cidadanía galega. A parlamentaria, a través dunha pregunta que presentará na vindeira Comisión de Ordenación do Territorio relativa ás negociacións dun incremento do canon que a administración paga a estas empresas, manifesta o seu desacordo co pacto da Xunta coas concesionarias de autovías para o seu rescate. Ana Pontón considera que o Partido popular pretende compensar ós empresarios mentres recorta sistematicamente dereitos e axudas a persoas e empresas afectadas gravemente pola crise económica.