GALICIA> A iniciativa é froito dun convenio asinado pola consellería de Cultura e Educación, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, a Universidade de Santiago e o Valedor do Pobo. O convenio asinado esta mañá entre a consellería de Cultura e Educación, Valedor do Pobo e Universidade de Santiago, servirá para poñer en funcionamento nos próximos meses, a través da AMTEGA, unha plataforma online para coñecer o uso da internet e as novas tecnoloxías entre os adolescentes. A nova ferramenta permitirá poñer a disposición de tódolos centros de ensino secundario da Comunidade un cuestionario anónimo en liña no presente curso. Segundo explicou o propio conselleiro de Cultura, Jesús Vázquez, trátase dunha peza clave da estratexia que o seu departamento está a desenvolver de cara á mellorar a convivencia nas aulas. A aplicación informática, que estará aloxada no Centro de Proceso de Datos Integral da Xunta, o que permitirá garantir a seguridade e confidencialidade da información obtida, s. O proxecto supón ademais unha continuidade nos traballos que o Valedor do Pobo vén desenvolvendo desde o ano 2011 para concienciar da necesidade de vixiar os comportamentos dos menores coas novas tecnoloxías. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/08/plataformausointernet080114.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/08/plataformausointernet080114.mp4{/flowplayer}
Inicio Galicia