A CORUÑA> A Coruña é xa un referente do sector audiovisual a nivel nacional e internacional coa inauguración do Coruña Estudio Inmersivo, o maior plató virtual de España.
O espazo, situado nas antigas instalacións da Fábrica de Armas, foi inaugurado esta mañá coa presenza de diferentes autoridades, entre as que se atopaba o Ministro de Transformación Dixital, Óscar López.
A posta en marcha das novas instalacións, foi posible grazas a implicación e colaboración de moitos actores, tanto entes públicos coma privados, como sinalou o presidente do Cluster de Audiovisual de Galicia, Alfonso Blanco.
Segundo el con este novo estudio, do que se carecía ata o de agora, Galicia poderá seguir estando á vangarda en produción de produtos audiovisuais de calidade.
O espazo é tamén unha aposta da Deputación da Coruña, que dende un primeiro momento se implicou no proxecto, o entender da importancia crecente da industria audiovisual.
Pero ademais da implicación do organismo provincial, cun aporte de preto dos tres millóns de euros, a construción do CEI foi posible grazas a axuda do Goberno Central que destinou 5 millóns de euros a través dos fondos do Plan de Recuperación.
O edificio en cuestión, de máis de dous mil metros cadrados de superficie, está dotado, ademais doutros servizos, dun plató virtual de última xeración que permite xerar contidos inmersivos de ficción, realidade virtual e aumentada, aplicables a distintos ámbitos do audiovisual como é o caso do cine, a televisivón, a publicidade e os videoxogos.