Pontevedra implantará a app creada polos alumnos do Sanchez Cantón

PONTEVEDRA> O Alcalde de Pontevedra recibiu hoxe ós tres profesores do Instituto Sánchez Cantón que desenrolaron unha aplicación para smartphones que ven de ser recoñecida co Premio Nacional de Educación. Esta Apps-con-ap-Inventor axuda a coñecer mellor a cidade mediante a insercción de códigos QR. Os tres docentes do Instituto Sánchez Cantón que veñen de recibir o Premio Nacional de Educación por axudar ós alumnos a crear unha aplicación para móbiles foron recibidos esta mañá polo Alcalde de Pontevedra. Miguel Anxo Fernández Lores amosouse interesado por esta app, denominada Apps-con-ap-Inventor, que ensina a coñecer certos lugares da Cidade do Lérez mediante a implantación sobre o terreo de códigos QR. Esta aplicación consiste en ubicar varios destes códigos que se len ca maioría dos smarphones. A partir de aí, os móbiles de última xeración acceden a información detallada sobre cada un dos cinco lugares cos que comezaron a realizar esta app. Esperanza Gesteira foi a coordinadora do proxecto, no que tamén interviron o xefe do departamento de lingua e Literatura Galega, Anxo González Guerra, e a profesora María Rosario Sánchez Gabriel, amais duns corenta alumnos de primeirao de bacharelato que cursan a asignatura de novas tecnoloxías. O traballo foi feito polos estudiantes entre xaneiro e xuño do ano pasado e agora, en breve, o Concello pretende instalalo nos cinco puntos da Cidade que representan. O Alcalde salientou a utilidade desta aplicación tanto para os veciños da contorna como para os turistas, polo que animou ós estudiantes por seguir completando esta app con outros lugares de Pontevedra, como por exemplo, os roteiros naturais. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/08/lanzada.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/08/premio_sanchez_canton.mp4 {/flowplayer}