La Vuelta rematará as etapas galegas en Cangas

PONTEVEDRA> A penultima etapa da Volta Ciclista a España deste ano comezará no Concello de Salvaterra do Miño e rematará en Cangas. Con todo, a Deputación de Pontevedra intentará que pasen os ciclistas por uns 35 concellos da provincia. O Castelo de Salvaterra de Miño será o punto de partida da segunda das etapas da Volta Ciclista a España que se disputará na provincia de Pontevedra, cunha final inédita na península do Morrazo: no concello de Cangas. Esta etapa será o día 12 de setembro. O día antes, o Salnés volverá a ter un marcado protagonismo xunto ca comarca do Ulla-Umia. A Deputación intentará que a sesenta e nove edición de La Vuelta pase por alomenos 33 concellos galegos, co fin de ciscar os beneficios e a promoción turística que leva consigo esta importante proba deportiva. Amais, de novo este ano volverá a haber actividades complementarias para tódolos públicos que axuden a prolongar a estadía dos turistas por mor do paso de la Vuelta. De feito, o ano pasado, Galicia bateu records en canto a asistencia de visitantes durante a celebración deste evento, sobre todo en Concellos como Sanxenxo. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/08/lavuelta.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/08/deputacion_turismo_080114.mp4{/flowplayer}