PONTEVEDRA> As altas temperaturas e a falta de chuvias están a pasar factura. O concello de Pontevedra confirmou hoxe que a seca obrigarao a recorrer antes do previsto ao encoro do Pontillón do Castro para abastecer aos concellos da ría pontevedresa. Actualmente, o encoro está ao 87% da súa capacidade.
Durante os meses de verán, o abastecemento realízase de xeito exclusivo dende o río Lérez, a través da estación de bombeo de Monte Porreiro. Pero a baixada do caudal e o incremento do consumo obrigan a mudar os plans.
Actualmente, o Pontillón está ao 87% da súa capacidade. O concello traballan na elaboración dun protocolo de actuación en caso de que haxa problemas pola seca. Neste labor, resulta fundamental monitorizar o caudal do río, que nas últimas semanas está a rexistrar importantes oscilacións. Por iso solicitaron un informe ao servizo de planificación e programación hidrolóxica.
Polo de momento, Augas de Galicia non emitiu ningunha resposta oficial.