Lores reunirase este venres con Feijóo. Un encontro onde a compostaxe estará moi presente

Pontevedra> Este venres ás 10:30 da mañá o alcalde de Pontevedra manterá unha reunión co presidente do Goberno Galego. A ampliación de Montecelo, a variante de Alba, os xulgados da Parda, o proxecto da estación de autobuses e un posible convenio en relación ao tema da compostaxe serán algúns dos temas que estarán enriba da semana neste encontro en San Caetano. 

 

O alcalde de Pontevedra reunirase co presidente da Xunta este venres ás 10:30 da mañá. Un encontro que terá lugar no despacho de Feijóo en San Caetano e onde Lores levará varios temas para analizar. A ampliación do Hospital de Montecelo, a variante de Alba, os xulgados da Parda, a construción dun pavillón na Parda e a estación de autobuses será algúns dos asuntos que estarán enriba da mesa. Outro tema a tratar será tamén un posible convenio coa Xunta relacionado coa compostaxe. 

En relación a outros asuntos dixo que o ensino, as obras, o saneamento e o benestar social tamén terán protagonismo  neste encontro. Nunha reunión onde tamén falará sobre a prioridade de construír unha residencia  para persoas con discapacidade na cidade. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/31/reunion_alcalde_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/31/reunion_alcalde.mp4{/flowplayer}