A Mancomunidade procura novos intercambios comerciais

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/10/mancomunidade100114.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/10/BALANCE_MANCOMUNIDADE_2013.mp4{/flowplayer}

SALNÉS> Potenciar o turismo internacional foi un dos principais proxectos nos que a Mancomunidade do Salnés traballou durante o 2013 e será tamén das principais actividades que guíen a folla de ruta deste ano. De feito, os primeiros contactos realizaranse a semana que vén, cunha viaxe do presidente e xerente a México, pero xa hai outras visitas de touroperadores estadounidenses e ingleses pechadas para setembro. Turismo, formación e prestación de servizos sociais. Estes son a grandes trazos os principais sectores nos que a Mancomunidade do Salnés centrou a súa actuación no 2013. Especial fincapé fan no turismo internacional, ó ser menos accesible para un concello ou hostaleiro a título individual. Contactos con delegacións rusas, kazajas ou ucranianas marcaron a axenda do pasado ano. Contactos dos que se van recollendo froitos, como mostra a viaxe que a semana que vén presidente e xerente da entidade, Gonzalo Durán e Ramón Guinarte, farán á localidade mexicana de Aguascalientes. Un encontro que ademais de turismo pecha intencións comerciais. Nesta viaxe intentarán coñecer tamén como facer para participar en abril nunha marro feira agrícola en Aguascalientes na que desde a Mancomunidade prevén que participen empresas do sector no Salnés. Aínda que na axenda de contactos para este ano xa hai outros contactos marcados. En setembro agardan a touroperadores estadounidenses e ingleses ós que lles deseñaron rutas gastronómicas pola zona. Pero o turismo non o é todo. Hoxe mesmo saíu publicada a orde para solicitar novos obradoiros de emprego, e a Mancomunidade pedirá un novo para o centro de hostalería da Lanzada, pioneiro a nivel nacional. A recepción da nova EDAR mancomunada, do Centro Comarcal de Información á Muller, a recuperación do entorno de Lobeira e a recreación en 3D do seu Castelo así como adquisición de maquinaria para servizos de limpeza de vías son algúns dos fitos que marcaron o 2013. Actividades que demostran, segundo Gonzalo Durán, que a Mancomunidade é operativa e ten razón de ser.