Xunta Local de Seguridade en Vilagarcía

VILAGARCÍA> A subdelegada do Goberno en Pontevedra estivo en Vilagarcía para avaliar, xunto co alcalde e responsables das forzas de seguridade, a situación da seguridade na vila. Salvo algunha puntualización, todos coinciden ao afirmar que Vilagarcía é unha vila tranquila, aínda así reiteran, que iso non significa que deban baixar a garda.

O alcalde de Vilagarcía reuniuse coa subdelegada do Goberno en Pontevedra e coa Comisaria xefa da Policía Nacional na provincia, para falar da seguridade na vila. Maica Larriba sinalou que ante o malestar e a inquedanza que altera a vida dos cidadáns da vila, decidiron manter esta xuntanza.

A máxima responsable da Policía Nacional na provincia, sinalou que estamos nunha vila segura, a pesar dalgúns roubos con violencia que teñen que ver con delincuentes comúns identificados.

Palma recoñeceu que o ratio de policías na comisaría non é o ideal, a pesar diso espera que nos vindeiros meses se restableza debido as novas incorporacións a Policía Nacional.