Os veciños da Carabuxeira denuncian que o mar lévalles as casas

    SANXENXO> A Carabuxeira, en Sanxenxo, foi un dos lugares máis afectados polos últimos temporais. A forza do mar chegou ás vivendas nesta zona provocando cuantiosos danos que denuncian os seus propietarios. Acusan ó Concello de pasividade na protección das súas vivendas; ó que o Consistorio responde que só actuarán nas zonas públicas cando conten co correspondente permiso de Costas. Os veciños do Carabuxeira en Sanxenxo temen pola integridade das súas vivendas. Levan catorce anos denunciando que a marea leva a area desta Praia ata convertela nun pedregal. Agora, a desprotección chegou ata o cimento das súas casas, sen que o Concello faga nada por impedilo. Culpan do cambio das correntes do mar ás obras de ampliación do Porto Deportivo. Nestes catorce anos que lle levan afectando estas obras, para eles ilegais, estivéronse movendo e presentando documentación e reclamacións ante o Concello e Costas do Estado. Costas instou ó Concello a facer unhas obras de protección no dominio público que aínda non se executaron a día de hoxe. A este respecto, o Concello de Sanxenxo asegurou estar á espera de recibir a autorización necesaria por parte da Dirección Xeral de Costas, do Ministerio de Medio Ambiente para rexenerar a Praia da Carabuxeira; un proxecto para o que xa depositaron un aval de máis de 900.000 euros. Con todo, estas actuacións serán en dominio público entendendo o Concello que a preservación das vivendas se debe ós seus propietarios unicamente. Así as cousas, os veciños non poden agardar a que se faga este gran proxecto de rexeración namentres ven como o mar se leva o seu sen que se faga nada por impedilo. Para mais INRI, Alfonso Troncoso, foi un dos promotores do Porto Deportivo de Sanxenxo nos seus inicios; unhas obras que levan 14 anos quitándolle o sono. En plano máis amplo, o Concello de Sanxenxo ven de elaborar un informe sobre a afectación do temporal neste municipio. Segundo informa o Consistorio, os danos afectaron a varias praias como a da Lanzada, Panadeira, Bascuas, Nanín e á marxe esquerda de Silgar; así como ós paseos de madeira dos areais de Montalvo e Areas; destruíndo a maraxe case por completo a rampa e a pasarela e torres de salvamento da Praia de Caneliñas. Na Praia Pedra Alta de Dorrón a forza do mar foi quen de tirar a baranda de pedra do paseo, que tivo que ser valado provisionalmente. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/10/carabuxeira.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/10/situacion_casas_carrabuxeira.mp4{/flowplayer}