A bonoloto premia con 92 mil euros a un boleto selado no Barileza Pizza Pool de Dena

MEAÑO> O sorteo da bonoloto beneficia con 92 mil euros a un boleto selado nun local hostaleiro de Dena. O gañador fíxose co premio correspondente a 5 acertos máis o complementario, segunda categoría deste sorteo. Dende o establecemento creen que o afortunado é un veciño da vila.

O sorteo da bonoloto volveu a achegarse á comarca do Salnés. Concretamente ao establecemento hostaleiro Barileza Pizza-Pool de Dena. Un negocio que ademais de ter unha ampla carta de comidas tamén se ocupa da administración de lotarías. Tras máis de 7 anos aberto, a bonolotou sorriulle cun premio de segunda categoría.

Polo de agora descoñécese quen é o afortunado do boleto selado, pero dende o establecemento confían en que se trate dalgún veciño de Dena.

Dende o establecemento sinalan que xusto recibiron a noticia do premio uns minutos despois de poñer o santo no bar, e mostran a súa ledicia por repartir sorte.

Agora agardan que este premio tamén lles repercuta e que máis clientes se acheguen a selar os seus boletos.

Para os que queiran probar sorte no Barileza Pizza Pool, o establecemento atópase na rúa Ponte de Dena número cinco.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí