PONTECESURES > En Pontecesures, a forza máis votada neste comicios volveu a ser o BNG liderado por Luís Álvarez Angueira…
…con cinco concelleiros. O PP, o PSOE e os Independentes de Pontecesures conseguiron 3, 2 e 1 concelleiros respectivamente, Angueira asegura que caben tódalas posibilidades en materia de pactos e recalcou que quere conseguir un goberno estable.“Estabilidade”, esa é a aposta do alcalde en funciones de Pontecesures, Luís Álvarez Angueira.
O líder dos nacionalistas no Concello valorou ós resultados conseguidos o pasado domingo como os mellores da historia do BNG. Angueira asegurou que neste intre no abriu ningunha negociación aínda que recoñeceu charlas informais cós Independentes de Pontecesures cós que gobernou o último tramo desta lexislatura. O que parece máis difícil es un pacto BNG-PSOE como en outros concellos debido á tortuosa relación entre Angueira e o número 1 dos socialistas, Luís Ángel Sabariz. Angueira recalcou a importancia de conseguir un goberno estable que poida sacar adíante proxectos para Pontecesures.
Redacción Salnés