Sanxenxo acolle unha exposición con cadros de Picasso, Dalí e Miró

SANXENXO> Cadros de Picasso, Dalí e Miró poden gozarse en Sanxenxo. O concello xunto coa Afundación Abanca presentan unha exposición de primeiro nivel que se centra sobre a técnica do grabado a través de grandes artistas do século XX. Estará dispoñible na sala nauta ata o vindeiro 13 de outubro.

A arte de primeiro nivel e cun gran valor histórico chega a Sanxenxo. Concello e Fundación a Banca presentaron na Sala Náuta a exposición ‘Múltiple, a arte do gravado de Picasso a Barceló’. Unha mostra que se centra na técnica do gravado a través das obras de grandes artistas do século XX.

Na exposición explícanse as 4 técnicas do gravad: xilografía, litografía, calcografía e serigrafía, a través dos cadros de grandes artistas da historia do país.

A exposición tamén mostra a obras de artistas galegos como Seoane.

Dende o concello consideran un privilexio poder contar cunha exposición de tanta calidade.

A mostra estará dispoñible ata o vindeiro día 13 de outubro. A exposición ademais ten un carácter solidario, os que se acheguen a gozala poderán doar produtos non perecedoiros que serán entregados ás familias máis necesitadas.