“Se o xuíz me coñecese non me chamaría a declarar”

    SANXENXO> A Alcaldesa de Sanxenxo declarouse inocente da imputación que pesa sobre ela de prevaricación, suborno e tráfico de influencias respecto a tres expedientes urbanísticos en Sanxenxo.

    Fíxoo no pleno extraordinario forzado pola oposición que se celebrou esta mañá e no que non foi moito máis aló nas súas explicacións malia a insistencia da oposición que reclama que dimita do seu cargo
    A Alcaldesa de Sanxenxo deu conta hoxe dos expedientes urbanísticos polos que está imputada, xunto con outras doce persoas, polo xulgado de Instrucción número 2 de Cambados a raíz da denuncias duns particulares. Catalina González non quixo falar das outras doce imputacións pero puxo por diante a súa confianza na boa fe dos informes municipais feitos desde a Xerencia de Urbanismo; ó tempo que ratificou que nunca asinara documento algún que non contase cun informe xurídico e técnico favorable.

    As explicacións da rexedora non foron moito máis aló malia a insistencia da oposición que estructurou o pleno en oito puntos para aclarar os pormenores da súa imputación. Uns cargos imputación que non se levantou tras ter prestado declaración. Entenden os grupos da oposición que en ano e medio de instrucción por parte do xulgado, ten que haber algúns probas de peso que a Alcaldesa debera coñecer.

    Papel distinto foi o que desenvolveu o voceiro de VIPS, actual tenente de Alcalde. José Luís Rodríguez defendeu a presunción de inocencia da Alcaldesa e culpou do acontecido da elaboración ás presas do Plan Xeral de Ordenación Municipal; un Plan que non xustifica para o BNG, o PSOE e SAL a presunta actuación persoal dos imputados.

    Catalina González non ocultou o seu pesar por esta imputación que segundo ela responde ós intereses dun clan que vive na zona da Salgueira que formulou esta denuncia falsa e sen probas. Una situación que aproveita a oposición para desgastala como Alcaldesa e que está a manchar o nome de Sanxenxo publicamente. Ante esta persecución con fins políticos a Alcaldesa asegura sentirse ameazada e anuncia que tomará as correspondentes medidas legais.
    Como era de agardar, o pleno desenvolveuse durante tres horas e media nun clima de constante confrontación entre goberno e oposición, especialmente entre a voceira do PP e o portavoz de SAL, onde saíron a reducir frecuentemente rancores do pasado. Finalmente desbotouse a contratación dunha auditoría externa sobre o urbanismo sanxenxino desde o ano 2004 por considerala “desorbitada e sen sentido”.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/13/catalina1.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/13/pleno_corrupcion_sanxenxo_130114.mp4{/flowplayer}