Xoias para un Mundial

    NOIA> A firma Platacero presentou oa súa colección de produtos oficiais deseñados para o Mundial de Fútbol de Brasil, da que ten en exclusiva a licenza da FIFA. Numerosas persoas ateigaron o salón de plenos do concello noiés para asistir ó acto de presentación da colección de produtos oficiais deseñados pola empresa local Platacero para o próximo mundial de fútbol a celebrar en Brasil. O acto estivo presidido polo titular da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, quen destacou o éxito empresarial obtido por esta firma noiesa, a única europea elixida pola FIFA como licenciataria para o Mundial de Brasil, o que lle abre nunha soa operación máis de 70 mercados. No acto tamén tomou parte o alcalde, Rafael García Guerrero, mostrou a súa satisfacción porque esta empresa noiesa leva a cabo tan importante cometido. O responsable da empresa Platacero, Juan Manuel Martínez, fixo referencia á ilusión que a firma ten depositada nesta colección e o reto que isto supón para eles. A colección, que está a exposición no claustro da casa consistorial noiesa e que pode verse tamén a través da páxina web www.platacero.es, sairá en breve á venda. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/10/feijoopresentacionplatacero100114.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/10/feijoopresentacionplatacero100114.mp4{/flowplayer}