O Torneo de Fútbol Base do Abanqueiro SD reunirá a un total de 130 equipos

BOIRO> As instalacións do campo de fútbol de Vista Alegre darán cabida un ano máis ó Torneo de Fútbol Base Abanqueiro SD – Trofeo Concello de Boiro, que chega a súa 16 edición.

A cita terá lugar as seguintes fins de semana, do 7 e 8 de xuño, e 14 e 15.  Este sábado disputarase a fase previa de alevíns e benxamíns e pola tarde a fase final de biberóns; o domingo 8 a fase final de prebenxamin; o sábado 14 terá lugar a fase final benxamín e o domingo 15 a fase final de alevíns.

No Torneo participarán uns 130 equipos pertencentes a un total de 52 clubs de toda Galicia.

Dende o Concello que colabora un ano máis na organización do Torneo destacaron a importancia desta cita, non só polo aspecto deportivo, senón tamén pola retorno económico que xera, cunhas previsións de asistencia durante as dúas fins de semana dunhas cinco mil persoas.

Dende a organización quixeron agradecer  ás empresas e negocios colaboradores, así como tamén ó equipo de voluntarios que presta o seu apoio ó Torneo, sen cuxa axuda , sería practicamente imposible poder levalo a cabo.