Elisabeth Reyes, modelo estrela da pasarela Pontus Veteris

    pontus_veteris_100_050309.jpgPONTEVEDRA> Araújo, Florentino, María Mariño, Montoto e Toypes presentarán as súas propostas para o próximo outono-inverno.

    {flowplayer}images/salnes/050309_pontus_veteris.flv{/flowplayer}

    Un deseño orixinal e materiais de calidade. Esta é a aposta dos deseñadores galegos para a próxima temporada outono-inverno. O vindeiro martes Pontevedra converterase na capital da moda para acoller as propostas de María Mariño, Florentino, Toypes, Montoto e Araujo. Este ano, a 23 edición de Pontus Veteris contará coa presenza da ex miss España Elisabeth Reyes. Sobre a pasarela veremos deseños urbanos que apostan pola comodidade. É o caso de Montoto, que presentará unha muller sensual e con estética masculina, ou Florentino, cunha colección na que destacan as americanas con superposicións e os cadros.

    Toypes lanza unha ollada ó pasado para deseñar traxes de cóctel e festa inspirados na arte moderna.

    A cor inundará a pasarela coa liña xuvenil African Blue, de María Mariño, para dar paso a traxes de alta costura co negro como tónica dominante e abrigos nos que destaca nos volumes.

    En tempos de crise, Araujo presentará unha colección de peletería apta para tódolos petos e versátil.

    Segundo os organizadores, preto de dúas mil persoas presenciarán este martes a pasarela Pontus Veteris. A cita será ás nove da noite no recinto feiral da Xunqueira.

    Redacción Salnés