Máis de oitocentos veciños asisten ó XV Xantar do Maior de Porto do Son

    PORTO DO SON> A decimo quinta edición do xantar dos maiores de Porto do Son volveu reunir a centos de veciños de todo o municipio. Fieis á súa cita, cada un de maio, disfrutan dunha xornada de festa na que reencontrase cos amigos. Máis de oitocentos maiores participaron na decimo quinta edición do xantar da terceira idade de Porto do Son que se celebrou, como cada ano, coincidindo coa festividade do Primeiro de Maio. O pavillón municipal case queda pequeno para acoller ó gran número de participantes que ademais de degustar un completo menú disfrutaron dunha xornada de reencontro con vellos amigos. Xornada que se prolongou ata a noite co baile amenizado pola orquestra Midas. A xuntanza estivo presidida polo alcalde sonense, Luís Oujo, e o xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, Roberto Rodríguez. O rexedor local dirixiu unhas palabras ós asistentes para recoñecer o importante valor dos maiores na sociedade que, tras unha vida de traballo, colaboran para manter as familias. Por esta razón merecen un día especial que o actual executivo pretende seguir a celebrar por moitos anos.