O BNG homenaxea a Castelao no seu 64 cabodano

    RIANXO> O acto, que estivo presidido polo portavoz nacional do partido, Xavier Vence, incluíu unha ofrenda floral ante o busto do ilustre galeguista rianxeiro. Un nutrido grupo de simpatizantes e militantes da formación frentista entre os que se atopaban tamén cargos importantes desta formación política, como é o caso dos deputados Francisco Jorquera e Ana Pontón, o ex-portavoz nacional Guillerme Vázquez, ou o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, entre outros, déronse cita este pasado sábado en Rianxo, no acto de homenaxe a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, no 64 cabodano da súa morte. Nun acto político celebrado ó pé do busto de Castelao, no Paseo da Ribeira, o portavoz nacional, Xavier Vence, aproveitou para destacar a total vixencia do seu pensamento político. O dirixente nacionalista fixo referencia tamén a que o BNG seguirá enfrontando nas institucións e nos concellos nos que goberna a política do PP, coma os recortes de dereitos e liberdades individuais, poñendo coma exemplo os anteproxectos da Lei do Aborto ou da Lei de Seguridade Cidadá, no recorte de servizos públicos, coa privatización e recortes na sanidade, e coa suba xeralizada de impostos e taxas de servizo básicos como a auga, a luz, os carburantes, o lixo ou mesmo os medicamentos. Trala rolda de intervencións, desenvolveuse a tradicional ofrenda floral, baixo os sons das gaitas que interpretaban o himno galego. Con anterioridade desenvolveuse un roteiro cultural con paradas en puntos especialmente vinculados á figura do ilustre galeguista como é o caso do concello, o Cuartel Vello ou o Pazo do Martelo, {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/13/bngactoscastelaorianxo130114.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/13/bngactoscastelaorianxo130114.mp4{/flowplayer}