Mantéñense as vendas de tabaco a pesar da menor afluencia nos estancos

RIBEIRA> Tras case dúas semanas pechados nas casas non é doado resistir a tentación de caer en malos hábitos. Comer en exceso ou volver a fumar son algún dos riscos deste confinamento. Precisamente, os estancos son un dos sectores que continúan abertos e están a manter o nivel de vendas.

Aínda que si baixou a afluencia de clientes, as vendas de tabaco mantéñense posto que a xente compra máis cantidade para ter reservas na casa. No estanco de Lourdes, en Ribeira, confírmannos que a situación vaise normalizando. Nada que ver coas aglomeracións dos primeiros días tras decretarse o estado de alarma.

Polo momento, o subministro de tabaco está garantido e mantéñense os prezos aínda que non se descartan subas nun futuro.

Neste establecemento, rexistraron tamén un gran incremento das vendas de tarxetas para televisión e videoxogos co fin de encher con algo de entretemento as longas horas na casa.  Un bo remedio para manterse ocupado e non caer na tentación de fumar …aínda que xa sexa tarde para algúns.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí