UP Boiro reclama melloras urxentes na praza

    BOIRO> A fonrmación independente recolle o malestar de moitos praceiros e usuarios das instalacións. O voceiro de Unión Popular de Boiro, Javier Chouza, incide nos numerosos problemas que actualmente presenta o mercado municipal. Así alude á falla de limpeza dos espazos comúns e a dos contedores para depositar o lixo xerado, que mesmo en ocasións chegan a provocar vertidos e malos olores á rúa. Tamén critica a aglomeración de vehículos non autorizados nas zonas de carga e descarga ou mesmo o control das instalacións de uso común como é a cámara frigorífica. Toda unha serie de inconvenientes que fan que as instalacións vaian perdendo cada vez máis o seu atractivo. A través dunha moción, que será debatida no vindeiro pleno, o voceiro de Unión Popular de Boiro solicítalle ó equipo de goberno que busque unha solución a todos estes problemas, proponiendo a designación dun encargado municipal para estas instalacións. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/14/upboiromellorasprazaabastos140114.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/14/upboiromellorasprazaabastos140114.mp4{/flowplayer}