![]()
POBRA > O concello da Pobra está a xestionar coa Demarcación de Costas a rexeneración ambiental das marismas das xunqueiras. Esta actuación, orzamentada en preto de dous millóns de euros, contempla a integración deste espazo no casco urbano para o seu aproveitamento como zona recreativa e de lecer.
Nos vindeiros días está previsto que o alcalde da Pobra, Isaac Maceiras, e o xefe da Demarcación de Costas de Galicia, Rafael Eimil, se despracen ata Madrid para presentar o proxecto definitivo ante a Dirección Xeral de Costas do Estado. O paso previo consiste en chegar a un acordo cos propietarios para levar a cabo esta actuación que suporá un investimento próximo ós dous millóns de euros.
Na actualidade, soamente se conserva un 33 por cento da superficie inicial das marismas xa que experimentou fortes transformación nos seus sistemas de drenaxe. Tamén a flora e vexetación sufriron as consecuencias derivadas dunha importante perda de ambientes e microambientes propios da marisma alta de Galicia.
Para levara cabo a recuperación procederase á integración da marisma co casco urbano como zona de lecer, tomando as medidas axeitadas para reduci-lo impacto da actividade humana. Para elo, adecuarase a rúa que delimita polo borde norte axustando o traza ó terreo coa colocación de beirarrúas, aparcamento en liña e calzada e paseo peonil ó bordo da marisma. Este paseo contará con observatorios para aves e outros equipamentos básicos.O proxecto busca a mellora da calidade das augas, dos solos e a rexeneración dos hábitats polo que se procederá á retirada de recheos, recuperando a vexetación autóctona.
Redacción Barbanza











