José Manuel Abelleira liderará ós propietarios do polígono de Espiñeira

    xuntadirectivaespineira.jpgBOIRO> Os propietarios do polígono de Espiñeira consituiron a súa nova xunta directiva. O equipo está integrado por empresarios das dúas fases.

    {flowplayer}barbanza/xuntadirectivaespineira.flv{/flowplayer}

    Saben que non será doado pero os membros da xunta directiva do polígono de Espiñeira inician esta nova andaina con moita ilusión. Nas súas mans está a solución a boa parte dos problemas que acumula este recinto empresarial que a pesar de contar cun emprazamento privilexiado presenta aínda moitas carencias. Entre elas a limpeza, o alumeado ou os problemas co subministro eléctrico e a presión da auga.

    Acompañan ó presidente José Manuel Abelleira nesta andadura, Joaquín Riveira como vicepresidente, Carlos Triñanes como secretario e José Ramón Calvo como tesoureiro. Santiago Hermida e Juan José Fajardo exercerán como vogais xunto a un representante do concello, como mostra do compromiso do executivo municipal para facer máis operativo o polígono.

    O primeiro paso, no que xa está a traballar o equipo recén elixido será a elaboración dos presupostos. Unha vez aprobadas as contas será o momento de ocuparse doutros dos principais problemas que afectan ó polígono como é a falta de seguridade.

    Redacción Barbanza