Ravella regulará a convivencia nas praias

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/14/ordenanzapraiasvilla.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/14/ORDENANZA_PRAIAS_VILLA_140114.mp4{/flowplayer} VILAGARCÍA> A partir deste verán previsiblemente, haberá un horario establecido para bañarse e desfrutar dos areais de Vilagarcía sen contar coa presenza de cans no medio, ou haberá que ter tino co volume das radios ou tirar cascas de pipas. Son algunhas das actuacións que se penalizan no proxecto de ordenanza de praias que o goberno local vai trasladar á oposición par ao seu debaten o pleno do vindeiro mes. As multas por incumprira s regras van dos 60 euros as máis leves, ata os tres mil euro sas máis graves. Son normas de sentido común, din desde o goberno local, pero que facilitará nunha mellor convivencia nas praias. Dea probarse en pleno o texto que propón o goberno local, entre o 1 de xuño e o 30 de setembro, a tempada oficial de baño, os propietarios de cans non os poderán levar co neles á praia entre as dez da mañá e as nove da noite. Tamén se velará por que os usuarios destes espazos respecten o entorno natural. De aí que se prohibirá tirar cabichas, cascas de pipa se outros refugallos á area. Tampouco se permitirá o us ode xeles de baño nas duchas. Ou a contaminación acústica das radios acendidas a todo volume. Desde o concello confían no civismo dos cidadáns para respectar e acatar estas regras, que insisten, tan só son normas de convivencia básicas e de sentido común. Pero a súa infracción, penarase. As multas oscilan entre os 60 euros par aos incumprimentos máis leves, at aos tres mil par aos máis graves ou reincidencias. A proposta trasladarase agora ós grupos da oposición para que realicen as achegas que consideren e buscar así un texto o máis consensuado posible. Non se quere repetir a polémica da ordenanza de circulación. Estudado e acordado o documento, o goberno prevé levalo ó pleno de febreiro.