Comezan as polémicas obras na Praza de Arriba

    O GROVE> Comezan no Grove as obras de ampliación e mellora da Praza de Arriba non sen polémica. O Concello defende esta actuación como necesaria para mellorar o tráfico e a seguridade viaria na zona, pero os veciños opóñense porque resta prazas de aparcadoiro.

    O Concello do Grove está a acometer unhas polémicas obras: a remodelación da Praza de Arriba, en pleno casco urbán. Esta actuación virá a ampliar as beirarrúas e a mellorar a circulación do entorno, onde frecuentemente se producen atascos. Só durarán unhas semanas e o seu orzamento ascende a case corenta e sete mil euros, achegados pola Deputación de Pontevedra.

    A parte negativa desta remodelación é que suprime varias prazas de aparcadoiro o que espertou certo malestar entre os veciños. Aínda que tamén encontramos grovenses que dan por boa a eliminación de prazas de parquing na vía pública se con iso se mellora a seguridade dos peóns.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/14/obras_praza.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/14/enquisa_obras_praza_arriba.mp4{/flowplayer}