Olleros reclama valentía política con Culler de Pau

    O GROVE> O Concello do Grove informará o venres sobre os pormenores da situación legal do Restaurante Culler de Pau de San Vicente do Mar. Un local que foi pechado polo consistorio á finais do ano pasado en cumprimento dunha sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a raíz da denuncia dun particular. O propio chef, Javier Olleros, daba onte nesta casa a súa versión dos feitos.

    O chef Javier Olleros asegura estar vivindo nunha montaña rusa de emocións. Por un lado sofre por ter pechado o seu restaurante Culler de Pau por mor da denuncia dun particular pero polo outro está a recibir unha avalancha de solidariedade da cidadanía grovense que o reconforta. Onte falou longo e tendido da situación que afecta ó seu local de San Vicente do Mar. Este local de Reboredo está pechado desde finais de decembro en cumprimento dunha sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Segundo detallou o propio Olleros, o primeiro andar do edificio supera nun 20 % a altura deste propio piso en tres das habitacións nas que non se desenvolve a actividade da restauración.

    Arestora os técnicos traballan na restitución da legalidade tal e como obriga a sentencia; un dictame xudicial que segundo este cociñeiro do Grupo Nove non obrigaba a pechar o restaurante. O Concello precintouno argumentando que carecía de licencia de actividade por carecer dunha visita previa dos técnicos sobre o terreo, algo que o cociñeiro nega. Olleros pide pois ó equipo de goberno local valentía política para defender o único Restaurante Estrela Michelín da zona e que informe dos expedientes que ten con Culler de Pau, un deles relativo á licencia de actividade.

    O Alcalde do Grove asegura que o venres darán cumprida información sobre este caso tan polémico na península meca que provocou o pasado venres unha mobilización que, malia a concentrar centos de persoas en torno á defensa do Restaurante , non considera como multitudinaria. O tempo pasa e Javier Olleros teme a que a lentitude da burocracia lle obrigue a trasladar o seu negocio posto que non pode estar pechado máis aló de tres meses. Xa está a valorar outras posibles ubicacións.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/15/javi_olleros.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/15/olleros_pleno_aberto.mp4{/flowplayer}