Valga aumenta nun terzo os alumnos da súa escola grazas as melloras do centro

VALGA> As melloras feitas na escola infantil municipal de Valga permiten que aumente nun terzo o número de escolares. As reformas foron feitas grazas a colaboración do concello e da Xunta de Galicia. A directora xeral de familia do ente autonómico visitou hoxe as instalacións e valorou positivamente as novas instalacións do colexio.

O concello de Valga e a Xunta de Galicia colaboraron para mellorar as instalacións da escola infantil municipal de Valga. Unhas reformas que permitiron que o colexio conte agora cun terzo máis de alumnado.  A directora xeral de familia do ente autonómico achegouse hoxe as instalacións para comprobar o resultado final.

O alcalde asegurou que a colaboración da xunta foi chave para que se puidesen levar a cabo as reformas. Unhas melloras que axudan á conciliación familiar e que permitiron que ningún neno nin nena do concello quedara sen praza.

Dende o centro mostran a súa satisfacción por como as reformas melloraron o centro.

Aproveitando a visita, a directora xeral de familia da Xunta de Galicia anuncio que puxeron en marcha unha nova convocatoria para a construción de escolas infantís en parques empresariais e contornos laborais. Segundo María Amparo González, o obxectivo do ente autonómico é mellorar a conciliación familiar e por iso é importante achegar os servizos aos traballadores a través das entidades.