CCOO denuncia a situación laboral en Real Conservera Española

    conserveira copia100.jpgVILAGARCÍA> A empresa ofrece ás empregadas fixas-discontinuas unha ocupación que non se corresponde co nivel de produción da conserveira.

    {flowplayer}images/salnes/DENUNCIA_LABORAL_CCOO.flv{/flowplayer}

    Durante o 2010, as trece empregadas que a Real Conserveira Española ten contratadas como fixas-discontinuas unicamente traballaron un total de 90 días. Unha situación que, segundo CCOO, vai camiño de repetirse neste 2011: a estas alturas, as traballadoras só foron requiridas para os seus postos 35 días.

    Segundo CCOO, a conserveira recibiu preto de 8 millóns e medio de euros en subvencións por parte da administración pública para cumprir co obxectivo de crear 40 postos de traballo. Sen embargo, dende que inaugurou o pasado 26 de marzo unhas novas instalacións, non volveu precisar man de obra. De aí que o sindicato esixa a intervención da Xunta.

    Para o sindicato, a situación vólvese máis grave ó non ser esta a primeira vez que as traballadoras dunha conserveira vencellada ó director da Real Conserveira Española padecen este tipo de incumprimentos.

    Con esta chamada de atención, CCOO busca establecer un diálogo coa empresa arbitrado pola Xunta, para chegar á solución do conflito sen necesidade de recorrer a mobilizacións.

    Redacción Salnés