Os emigrantes retornados piden igualdade de condicións

    BARBANZA> Emigrantes retornados do Barbanza e Muros Noia estudan iniciar unha campaña de recollida de sinaturas e non descartan levar o tema ós tribunais. Máis de trescentos emigrantes retornados, que integran as plataformas de afectados do Barbanza e Muros Noia, están chamados este próximo venres, ás oito e media da tarde, no centro social de Boiro a unha reunión na que se abordarán diferentes temas de interese en relación ó conflito que manteñen coa Axencia Tributaria, que dende hai varios anos lle obriga a aquelas persoas que reciben unha pensión do estranxeiro a partir duns 11 mil euros a ter que declarar, cando os que a perciben por España é a partir de 22 mil. Consideran que a súa situación é inxusta. Algún das solicitudes que lle formulan a Facenda é que tributen de igual forma que os que perciben unha pensión por España e non a partir de 11 mil euros, así como que empecen a pagar a partir do ano no que se empeza a aplicar a lei, e non con carácter retroactivo, nin que se lle reclame intereses e sancións. Dende a plataforma de afectados séntense ademais desamparados por parte das Administracións Públicas, tanto Goberno Central coma Autonómico, así como os concellos, que non os están a apoiar nin se están a solidarizar coa súa causa. Como medida de presión {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/15/emigrantesretornadosbarbanza150114.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/15/emigrantesretornadosbarbanza150114.mp4{/flowplayer}