RIANXO> O BNG celebrou esta pasada fin de semana en Rianxo o seu acto nacional coincidindo co 75 cabodano de Castelao. A portavoz nacional, Ana Pontón, volveu reivindicar a figura e o pensamento do insigne galeguista, anunciando que levarán mañá martes ó pleno dp Parlamento unha iniciativa para que o rianxeiro sexa recoñecido coma o primeiro presidente de Galicia.
Como é costume o BNG celebrou en Rianxo o seu acto nacional en homenaxe a Castelao, cando se cumpren o seu 75 cabodano. Nun ateigado auditorio, con militantes e simpatizantes da formación frentista, a voceira nacional, Ana Pontón, volveu a reivindicar ó rianxeiro como a figura central do nacionalismo. Na súa intervención anunciou a proposta que o seu grupo levará este martes ó pleno do Parlamento para que o autor do ‘Sempre en Galiza’ sexa recoñecido coma o primeiro presidente de Galicia.
Tras o acto político no auditorio, a homenaxe continuou posteriormente no paseo da Ribeira, coa tradicional ofrenda floral ante o busto do histórico galeguista, baixo os acordes do himno do Antigo Reino de Galicia.










