Os alumnos de Frións comezarán o curso nun centro totalmente renovado

RIBEIRA> O Conselleiro de Educación visitou esta mañá as obras de reforma do CEIP Frións que están a piques de concluír. Os traballos supuxeron a reforma integral do centro ribeirense coa renovación da fachada e mellora da eficiencia enerxética así como a dotación dun novo espazo para comedor.

Os preto de 200 alumnos do CEIP de Frións, en Ribeira, comezaran o novo curso nun centro totalmente renovado. A Consellería de Educación acometeu a reforma integral do centro coa substitución das fiestra, renovación da fachada con sistema SATE, renovación do alumeado e redistribución interior dos espazos.

Esta actuación, orzamentada en 650 mil euros, dotará de condicións moito máis confortables tanto ó alumnado como ó persoal docente. Ademais do illamento térmico destaca o novo comedor con aproximadamente 60 usuarios.

Dende o concello agradeceron o esforzo inversor da Xunta nos centros do termo municipal que, como este, levan xa varias décadas en funcionamento. é o caso tamén do CEIP P Grupo que proximamente se verá ampliado coa adecuación da antiga comisaría que pasará a integrar o centro educativo.