Garantía de subministro eléctrico ás familias con menos recursos

    BARBANZA> O BNG presentará na totalidade de concellos da comarca unha moción tipo, a través da cal, busca o apoio das corporacións municipais para instar á Xunta a tomar esta medida de carácter social. Os datos actuais que reflicten a situación dramática que viven moitas familias en Galicia, e por extensión no Barbanza, foi unha das principais razóns que levaron ós membros do BNG comarcal a presentar esta moción na totalidade dos concellos da zona. A través dela pretenden, que os gobernos locais tomen conciencia, impulsando ante as Administracións Central e Autonómica, iniciativas destinadas a garantir a prestación de servizos básicos como pode ser o subministro eléctrico, mellorando así as condicións de vida en moitos fogares, nos que, nalgún deles, non entra ningún tipo de ingresos. Para evitar esta situación solicitarán o apoio dos respectivos plenos municipais para instar á Xunta de galicia a realizar as modificacións lexislativas necesarias para garantir o subministro enerxético ás familias que estean en situación de pobreza e, entre tanto, se adopten as medidas prácticas para evitar as dramáticas consecuencias desta problemática nos fogares galegos máis desfavorecidos. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/17/bngbarbanzasubministroelectricofamiliasdesfavorecidas170104.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/17/bngbarbanzasubministroelectricofamiliasdesfavorecidas170104.mp4{/flowplayer}