O lume iniciado no Son avanza sen control cara Ribeira

    PORTO DO SON> O concello de Porto do Son é dende este mércores un completo inferno, así o definíu o seu alcalde. Os veciños das parroquias de Baroña, Xuño e Caamaño loitaron durante esta noite, colaborando coas brigadas, para que as lapas non chegaran ás súas casas. Os diversos focos xurdidos neste concello suman máis de 500 hectáreas afectadas, e témese que o peor poda chegar esta noite. Así espertaban os veciños de Porto do Son esta mañá. Co ceo completamente cuberto de fume, e un paraxe dantesca. Os incendios continúan sen estar controlados 24 horas despois de que comezasen as lapas. Os cinco focos que se registraron a media tarde de onte convertéronse nun gran incendio que mantivo en vilo aos veciños de Xuño, Caamaño, Queiruga, Baroña e Ribasieira. De momento non hai confirmados danos persoais. Ténse constancia de que onte á noite un vehículo da garda Civil quedou totalmente arrasado. Axudado pola forza do vento o lume continuaba hoxe arrasando esta paisexa do Barbanza, descontrolado e sen dar tregua a aqueles que arriscan a súa vida para combater con el.