![]()
PONTEVEDRA > Expulsados do Cámping de Baltar. Esa é a situación dos afectados polos derrubes do poboado xitano do Vao …
… O director das instalacións decidiu non seguir albergando a estas familias no cámping, ao escoitar a persoas do colectivo, falar mal das instalacións de Baltar. O concello dáballes a posibilidade de durmir nun hotel ata que puideran trasladarse ás novas vivendas, pero rexeitaron esta alternativa, para volver ao Vao e compartir as casas de familiares e amigos.
Segundo Benestar Social de Poio, o asunto non está pechado nin abandonado. Ao decatarse da expulsión destas familias aloxadas no cámping de Baltar, puxéronse mans á obra, para buscar alternativas, que algúns dos xitanos rexeitaron.
O concello doulles unha solución: aloxarse nun hotel ata que teñan as súas vivendas, pero non todos quixeron aceptar esta proposta e preferiron volver ao Vao e repartirse nas vivendas de familiares e amigos, aínda que a noite pasada din que non foi fácil.
Sinaí Giménez asegura que durmiron á intemperie arredor dun lume. A expulsión das persoas que estaban aloxadas no cámping de Baltar, ao pobo xitano parécelle unha medida drástica e sen fundamento, non entenden que expulsaran aos alí aloxados, tan só porque alguén dixo que pasaran frío nos bungalows, e asegura que o director do cámping tivo presións por parte do concello de Sanxenxo e de diversas asociacións veciñais e de empresarios da zona.
O concello de Sanxenxo quixo deixar claro mediante comunicado, o seu descontento co equipo de goberno de Poio, pola falta de cortesía institucional demostrada ao non haber advertido do realoxo destas familias no cámping. Aseguran que o alcalde actuou de mala fe, trasladando a Sanxenxo un problema do seu concello.
Redacción Salnés









