Alfonso Rueda comproba as melloras enerxéticas do Pazo Torrado

    CAMBADOS> O edificio, empregado como sala de exposicións, sufría varias filtracións e humidades que obrigaban a facer un gasto de calefacción moi elevado ó facer máis frío. O concello solicitou unha axuda con cargo ó canon eólico coa que se arranxou o tellado mellorando o aforro en enerxía. As obras levan preto de dous meses rematadas pero non foi ata o de agora cando o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, se achegou ó Pazo Torrado de Cambados para comprobar o resultado da actuación que se acometeu na cuberta. Unhas obras para as que o concello solicitou unha subvención con cargo ó Fondo de Compensación Ambiental de eficiencia enerxético, xa que as filtracións e humidades que se estaban producir arrefriaban o lugar e obrigaban a facer un gasto extra en calefacción. Segundo o vicepresidente da Xunta trátase de investimentos a pequena escala, xa que a economía non dá para grandes actuacións, pero que en calquera caso, a conta do canon eólico, estase a axudar a moitos concellos a arranxar deficiencias necesarias no eido enerxético. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/19/RUEDAPAZOTORRADO.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/19/RUEDA_CAMBADOS_PAZO_TORRADO.mp4{/flowplayer}