![]()
VILAGARCÍA > A Feira de Rebaixas e Lecer do recinto feiral de Fexdega de Vilagarcía abrirá as súas portas o día 22 de agosto …
… e alongarase ate o día 26. A novidade deste ano é a organización do espacio de lecer para os nenos que correrá a cargo dunha empresa privada que porá en marcha diferentes talleres e espectáculos cos cativos. A concellería de Xuventude farase cargo da financiación da ludoteca que contará con catro monitores de tempo libre e da cal os nenos poderán disfrutar gratuitamente.
A feira conta cun total de medio centenar de expositores de comerciantes da asociación Zona Aberta de Vilagarcía que se darán cita no recinto feiral de Fexdega por terceiro ano. Ademais dos tradicionais sectores de téxtil, calzado ou fogar tamén se ofertarán productos de óptica, librería ou incluso mobles de cociña. Unha das novidades deste ano é a sección de perruquería que ofrece unha nova posibilidade de colocar extensións de pelo se calor.
A entrada a Expoferta terá un prezo simbólico de 1 euro e contará cun número para participar nos sorteos de productos da feira que se celebrarán tódalas noites. A feira permanecerá aberta dende o día 22 ate o 26 de 6 da tarde a 11 da noite pola semana e de 11 da mañá a dez da noite o sábado e domingo.
Redacción Salnés










