Dobre xornada de remo en Vilaxoán para conmemorar a XXV edición da Bandeira Concello de Vilagarcía

VILAGARCÍA>  Vilaxoán celebrará unha dobre xornada da Liga Galega de Traíñas. Un evento disputado a dúas datas para conmemorar os vinte cinco anos da Bandeira Concello de Vilagarcía. Preto de 200 remeiros daranse cita o sábado ás 18 horas e o domingo as 12 horas no Porto de Vilaxoán.

A liga galega de Traíñas trasládase a Vilaxoán a vindeira fin de semana para disputar a XXV Bandeira Concello de Vilagarcía. A cita cumpre o cuarto de século e para celebralo o evento disputarase a dobre xornada.

Ambas xornadas puntúan por separado para a Liga Galega de Traíñas A. O gañador da Bandeira será a embarcación que acade o mellor tempo na suma dos dous días. O equipo de Vilaxoán preséntase á cita no quinto posto da xeral pero coa ilusión de loitar pola bandeira.

O alcalde da vila loou a labor que está a realizar o club de remo Vilaxoán.

A liga A está formada por 11 equipos na que ademais do vilaxoanés tamén competirán varias embarcacións da contorna como: O C.R. Mecos – Isabel e Amegrove club de Remo, ambos clubs do Grove, o club de Remo de Rianxo, o Club de Remo de Cabo da Cruz de Boiro e o C.R. Muros. Coincidindo cas festas do Carme, en total serán preto de 200 remeiros e máis de 1000 persoas as que se acheguen a Vilaxoán ao longo da fin da semana.