O libro “Playas de bandera” recoñece os mellores areais de Pontevedra

    Normal 0 21 false false false ES X-NONE X-NONE

     

    Presentouse en Sanxenxo o libro Playas de Bandera, no que se fai un percorrido gráfico polos areais da provincia de Pontevedra que contan co distintivo da bandeira azul. O elección do lugar tivo a súa lóxica: Sanxenxo é o concello de Galicia que conta cun maior número destes distintivos de calidade, e un dos maiores de España.

     

    SANXENXO> Meter toda esta beleza paisaxística e natural nun libro non é tarefa doada. Mesmo é arriscado facelo, pero o resultado tamén se torna sorprendente. E é que os argumentos da provincia de Pontevedra ben o valen: 59 praias distinguidas coa bandeira azul, das que 15 están en Sanxenxo, e fan que leve 13 anos consecutivos liderando o ranking español. E esta tarefa non é  doada.

    Toda esa beleza debe ter o premio dos visitantes, e nesa simbiose mútua traballa, incansable, o sector.

    As autoridades entenden que non se poden relaxar no seu cometido de mante-lo liderato, e apuntan que o coidado da beleza paisaxística non debe depender de cores políticas.

    A publicación estará dispoñible dende hoxe en tódolos hoteis da provincia de Pontevedra. Será unha guía en papel, pero coa conciencia, inapelable, de que o mellor é desfrutalo en persoa.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/05/libro_praias.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/05/libro_louzan_praias.mp4{/flowplayer}