Instalados os novos mostradores refrixerados no mercado

    RIBEIRA> O executivo ribeirense procedeu estes días á instalación na carpa provisional do mercado dos catorce novos mostradores refrixerados para peixes e mariscos que foron adquiridos coa intención de ir dotando de novo equipamento á futura praza de abastos. O importe da adquisición ascendeu a máis de 138 mil euros, sendo a empresa Refrigeración de Riveira, S.L., a entidade subministradora. Para levar a cabo este investimento, o concello ribeirense obtivo unha subvención ó abeiro da Orde de 30 de abril de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión en réxime de concorrencia competitiva das subvencións a concellos de Galicia para revitalizar o comercio de abastos excelentes, cofinanciadas polos fondos Feder.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí