O BNG devolve a revista municipal

    RIBEIRA> Coa entrega da publicación no rexistro do concello quixeron criticar a política de despilfarro que está a levar a cabo o goberno local.

    Cunha campaña que pretenden facer chegar a toda a cidadanía de Ribeira, a través das redes sociais e a distribución de diversa cartalería, o BNG quere denunciar o despilfarro do goberno municipal. Neste sentido fan alusión ós máis de 1’2 millóns de euros gastados no que vai de lexislatura entre gabinete de alcaldía, actividades protocolarias, estudos técnicos e propaganda, entre outros. A gota que colmou o vaso da paciencia dos nacionalistas foi a distribución dunha revista municipal que supuxo un gasto para as arcas municipais de 14 mil euros. Para a formación frentista estas non son formas de xestionar os cartos público, máxime cando a maioría dos veciños do municipio están a pasar por dificultades económicas e a sufrir numerosos recortes en servizos básicos, como a sanidade ou a educación. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/24/bngribeiradenunciasconcello240114.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/24/bngribeiradenunciasconcello240114.mp4{/flowplayer}

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí