O novo mercado da Pobra supera con nota o exame de praceiros e clientes

    POBRA > O novo mercado municipal da Pobra do Caramiñal abriu ó público o pasado 28 de marzo. Vai alá máis dun mes e tanto vendedores coma usuarios están máis que satisfeitos polo resultado final das obras.

    mercado_200_100506.jpgAs persoas que por primeira vez se achegan ó novo mercado municipal da Pobra do Caramiñal quedan verdadeiramente fascinados co resultado final das obras, xa que se conseguiron unhas instalacións máis funcionais e dinámicas, que están a influir considerablemente no incremento do número de vendas.

    12 mesas de venda de peixe, 2 florerías, 1 panadería, 2 postos de venda de verduras e legumes, dous postos de conxelados, tres carnicerías, 2 charcuterías, 3 froiterías e un posto de bacalao completan a oferta da nova praza de abastos da Pobra despois de dous anos nos que os vendedores tiveron que instalarse baixo unha carpa provisional.mercado_300_100506.jpg

    A maioría dos vendedores do novo mercado municipal pobrés amosaron a súa satisfacción polas novas instalacións.

    Os praceiros pobreses sinalaron ademais que o número de vendas veuse incrementado, agardando a que esta suba de clientes se manteña.

    Para a maioría das persoas que se achegan diariamente ata a nova praza de abastos, as novas instalacións cumpren tódalas súas expectativas.

    Redacción Barbanza